Micropartículas para vivir sen respirar

Un grupo de investigadores de Boston foi capaz mediante micropartículas que se inxectan no torrente sanguíneo de osixenar o corpo, incluso no caso de que non poidéramos respirar.

Este avance pode significar que poderían manter con este método aos pacientes vivos de 15 a 30 minutos a pesar dunha insuficiencia respiratoria grave. Pero ¿De qué se compoñen as micropartículas? Compóñense de gas oxígeno embolsado nunha capa de lípidos (Un lípido é unha molécula natural que pode almacenar enerxía, que actúa como parte dunha membrana celular e neste caso almacena osíxeno). As partículas de osíxeno graso introducense nunha solución líquida, para facilitar o seu transporte e poder utilizalo en unidades de emerxencia e coidados intensivos. Cada solución líquida contén entre 3 e 4 veces o contido das nosas células vermellas da sange.

Este invento ten innumerables usos potenciais, xa que permite que a vida continúe cando se necesita osíxeno e este non está dispoñible.

fontes: muy interesante

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta