Nenos, sedentarismo e hipertensión.

Aínda que o hábito de que os nenos visen constantemente a televisión sempre estivo enlazado coa obesidade e o sentarismo, nos últimos estudos demostrouse que este hábito incrementa tamén a probabilidade de sufrir hipertensión nun 30% entre os menores da casa. Esta porcentaxe ascende a un 50% se sumamos unha inactividade física diaria.

O estudo, realizado cun total de 5.221 nenos de distintos países, reflexou un feito alarmante: A asociación entre o sedentarismo durante máis de 2 horas ao día e a incidencia na hipertensión é moi alta: 110 de cada 1.000 nenos.

Por tanto, permitir que os máis pequenos pasen máis desa cantidade de horas fronte a videoxogos, vendo a televisión, ou xogando na tablet ou ordenador, aínda que é un feito moi común nos nosos tempos, representa un futuro gran problema para eles.

•Fontes: Muy Interesante, MedlinePlus.

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC, Riscos. Garda o enlace permanente.