O quentamento global aumentará o número de raios

A mairoría dos modelos climáticos vaticina que ó longo deste siglo producirase un amumento das temperaturas como consecuencia do quentamento global. Agora, un equipo de expertos en ciencias planetarias destaca na revista Science que este fenómeno levará consigo un aumento do 50% no número de raios.

Aínda que os investigadores centraron o seu estudo en EE. UU., os resultados son extrapolables a outras zonas do mundo. “O quentamento favorecerá que as tormentas sexan máis explosivas”, sinala o climatólogo David Romps, da Universidade de California, que participou no ensaio. “O fenómeno está relacionado co vapor de auga, que funciona como combustible nestos procesos. Precisamente, o cambio climático propiciará que se encontre en maior cantidade”.

Para determinar esta maior incidencia de raios, os investigadores estudaron a correlación que existe entre a aparición dos mesmos, as precipitacións e a flotabilidade das nubes. Un maior número de raios traducirase nun maior número de vítimas -cada ano, solo en EE. UU., centos de persoas son alcanzadas por unha destas descargas- e en máis incendios. Ademais, xeraranse máis óxidos de nitróxeno, o que podería afectar á química atmosférica.

Fonte de información: www.muyinteresante.es

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.