Captan o nacemento dun sistema de catro estrelas

Un equipo internacional de astrofísicos conseguiu capturar un acontecimento único en astronomía: o nacimento dun sistema estelar cuádruple na constelación de Perseo que representa unha das 48 constelacións de Ptolomeo e é ademáis unha das 88 constelacións modernas (e tamén de onde proceden as famosas Perseidas).

Este sistema estelar está formado por unha estrella aínda  xoven e en desenvolvemento e tres nubes de gas que se atopan en proceso de rápida condensación polas forzas gravitacionais. Segundo os expertos, cada unha destas nubes de gas cuxo espacio entre elas é de máis de 1.000 veces a distancia media entre o Sol e a Terra, convertirase finalmente nunha estrela dentro de aproximadamente 40.000 anos.

De todas formas, este sistema de crecemento inusualmente rápido é probable que non dure demasiado: Os sistemas de estrelas con máis de tres membros son inestables e propensos á interferencia.

Fonte: Muy Interesante

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta