”Eu fumo porque me relaxa”

Pois ben, de seguro non será esta a primeira nen a última vez que escoitedes esta frase, máis segundo un estudo científico recente, a crenza popular de que fumar alivia o estrés, a ansiedade e que actúa como un relaxante ou tranquilizante, quedou completamente desmentida.

O estudo levado a cabo polo University College London (Reino Unido) e publicado pola revista British Heart Foundation explica que máis ben sucede todo lo contrario. Fumar aumenta un 70% o risco de sufrir ansiedade e depresión. Isto observárono tras analizaren a case 7000 persoas, das cales un 18,3% dos que eran fumadores presentaba síntomas de depresión e ansiedade, fronte ao 10% dos non fumadores e ao 11,3% dos ex-fumadores.

•Fonte: Muy Interesante, Medline.

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta