O sistema solar máis antigo da Vía Láctea

Un equipo de científicos liderados pola Universidade de Birmingham (Reino Unido) descubriu un sistema solar con cinco planetas dun tamaño moi similar ao da Terra que, según os cálculos realizados mediante astrosismoloxía, se remonta aos inicios da galaxia. Tratase do sistema solar máis antigo conocido da Vía Lactea.

O descubremento deste sistema planetario cunha estrela similar ao Sol acompañado de cinco planetas dun tamaño medio entre Mercurio e Venus, foi posible grazas á misión Kleper da NASA e a unha técnica de astrosismoloxía que se basa en escoitar as resonancias naturais dunha estrela causadas polo son atrapado no seu interior; estas pequenas oscilacións causan cambios moi sutís no seu brillo pero permiten medir o seu diámetro, a súa masa e a súa idade. Os planetas, foron detectados polo oscurecemento que provocan no brillo da súa estrella cando pasan por diante da mesma, según recolle a revista The Astrophysical Journal.

Os cinco planetas orbitan (en menos de dez días) ao redor de Kepler 444, unha estrela moi parecida ao Sol, a 117 anos luz de distancia e que se formou fai 11.200 millóns de anos, nun momento en que o Universo tiña apenas un 20% da sua idade actual. Isto é, este sistema planetario ten máis do dobre de antigüedade que o noso propio sistema solar.

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta