Os Australopithecus tamén usaban ferramentas.

Un equipo internacional de investigadores da revista Science afirma que o Australopithecus africanus (que viviu hai 3 millóns de anos) e outras especies de homínidos eran capaces de usar pedras como ferramentas de forma precisa. Como as ferramentas máis antigas que coñecemos datan os 2,6 millóns de anos, coñecemos ao Homo habilis como a primeira especie en usar ditas ferramentas de forma máis avanzada; como por exemplo afilando as pedras para raspar a carne e separala dos ósos.

Pois ben, arqueólogos estiveron estudando a morfoloxía interna de varios ósos fosilizados e descubririon que o Australopithecus africanus podía mover os seus pulgares e opoñelos aos demais dedos; o que significa que tiñan a forza suficiente para agarrar e usar instrumentos tamén.

Esto implica que o empleo de ferramentas é polo menos 500.000 anos anterior do que se creía.

 

Fonte de información: Revista XL Semanal

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta