Un diamante do tamaño da Terra


Un equipo de astrónomos detectaron a enana branca máis tenue coñecida, un antiquísimo remanente estelar tan frío que o carbono que contén cristalizouse e deu orixe a unha especie de inmenso diamante dun tamaño semellante ao do noso planeta.O astrofísico David Kaplan, profesor da Universidade de Wisconsin que participou no estudo, está convencido de que non é o unico obxecto deste tipo pero que son tan débiles que resulta moi complicado atopalos. De feito, para descubrir esta xoia estelar, os investigadores usaron datos recollidos por algúns dos maiores telescopios do mundo. Estes corpos foron arrefriados lentamente ao longo dun proceso moi longo. Esta enana branca podría ter uns 11.000 millóns de anos e está situada aproximadamente a uns 900 anos luz da Terra.

Fonte: revista muy interesante

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.