O cambio de cor dos camaleóns

Os camaleóns son famosos pola súa capacidade de cambiar a cor da pel, pero ata agora descoñecíase como realizaban este cambio.

Uns científicos da Universidade de Xinebra (Suíza) descubriron que este cambio de cor se realiza pola activación de uns nanocristais que se encontran nas partes exteriores da pel.

A cor que toman depende de como estean estruturados estes nanocristais. Cando o camaleón está en calma, estes forman unha estructura densa que reflexan unha cor achegada polas onda da luz; cando o camaleón se excita, esta densa rede afrouxase e permite que o animal reficta cores distintas.

Polo que a cor dos camaleóns depende do seu estado anímico, xa que a cor cambia en función de como se reflictan as ondas da luz sobre os nanocristais da súa pel que cambian o su posicionamento, precisamente, co seu estado anímico.

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta