Este fenómeno, tamén coñecido como ” fenómeno de movemento aparente”, é unha ilusión óptica consistente en percibir movemento cando se presentan obxectos que, aínda sendo independentes, son vistos rápidamente en sucesión. É dicir, o noso cerebro percibe a existencia de movemento onde realmente non o hai, pois ante un estímulo formado por imaxes sucesivas os ocos existentes entre elas son recheos polo que vemos un movemento continuo.
Grazas a este procesamento cerebral de estímulos visuais é posible, entre outras cousa, a visialización dunha película, xa que non percibimos os espazos negros que hai entre cada fotograma.
Fonte de información: “Atención y percepción”. Munar, Enric y cols. Alianza editorial, 1999.