Que ocorre no cerebro dunha persoa con Alzheimer?

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O Alzheimer é unha terrible enfermidade neurodexenerativa que afecta a un de cada dez adultos maiores de 65 anos. Basicamente, consiste na acumulación dunha determinada proteína que vai destruíndo as células cerebrais e dificultando ata facer imposibles as funcións cognitivas máis básicas do ser humano.

Esta enfermidade comenza no hipocampo, afectando á xeración de recordos e deteriorando a memoria, e continúa cara a outras partes do cerebro, afectando á linguaxe e á toma de decisións racionais. Continúa cara as rexións que controlan as emocións e os estados de ánimo. Logo vese afectada a rexión do cerebro encargada de procesar a información sensorial (o que vemos, oímos, olfateamos, …). Esta é unha das etapas máis críticas, xa que poden chegar a producirse alucinacións.

Nas etapas finais, a enfermidade trasládase cara a parte do cerebro onde almacenamos os recordos máis antigos e a memoria a longo prazo. Logo afecta ao equilbrio, ao balance e á coordinación motora e motriz do paciente. Por último, o Alzheimer alcanza a rexión do cerebro que controla as funcións involuntarias (como a respiración e o latexo do corazón), o cal conduce á morte.

O seguinte vídeo, realizado por David Shenk, explica con detalle en que consiste esta enfermidade e cales son as súas etapas.


Fonte de información: curiosidades.batanga.com

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.