Tecnoestrés; Non o coñeces, pero pode que o padezas

Pese a que os dispositivos electrónicos teñen numerosas vantaxes, claramente útiles na nosa vida diaria, poden conducirnos ata estar sometidos a situacións que nos resulten estresantes. É dicir, segundo o Observatorio Permanente de Riscos Psicosociales da UXT. denominamos ”tecnoestrés” a ansiedade que nos produce a conectividade continua a algún destes dispositivos.

O termo ‘tecnoestrés’ foi acuñado en 1997 por Larry Rosen e Michelle Weil nun libro no que explicaban a adicción psicolóxica que pode supoñer o uso continuo da tecnoloxía.

O tecnoestrés é un trastorno, no que o individuo sinte a necesidade de estar conectado en todo momento; esta necesidade leva a unha sensación de ansiedade, estrés, nerviosismo e frustración que pode provocarnos consecuencias nefastas na nosa vida se non sabemos xestionarlo adecuadamente.

Os adolescentes son os máis afectados por ese tipo de adicción, manifestado sobre todo pola pasión polos videoxogos ou o uso continuo dos smartphones conectados a Internet.

•Fonte: Muy Interesante.

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.