Un planeta cunha atmosfera infernal.

Astrónomos da Planets National Centre of Competence in Research (NCCR) das universidades de Xenebra e Berna, en Suiza, utilizaron o espectrómetro  HARPS no European Star Observatory (ESO) de Chile para estudar a atmosfera do exoplaneta HD189733b, localizado na constelación Valpécula. A uns 63 anos luz do noso planeta. Grazas ás observacións descubriuse que este exoplaneta ten unha temperatura duns 3000 ºC e pasan ventos de ata 7000 kilómetros por hora, o que fai que a súa atmosfera sexa moi turbulenta, por non dicir infernal. Aínda así este exoplaneta é moi peculiar. Un grupo de científicos internacionais, entre os que se atopa un grupo español, detectou vapor de auga na súa atmosfera. Debido a súa apretada órbita e á sua relativa cercanía é moi fácil observalo.

 

Fonte de información: revista Quo.

 

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta