A Terra primitiva ‘tragou’ un obxecto parecido a Mercurio.

Fai máis de 3500 millóns de anos, a Terra ‘devorou’ un obxecto cósmico moi semellante a Mercurio que impacou contra ela. Asi afirman uns xeoquímicos da Universidade de Oxford.

Os expertos afirman que o choque resultou fundamental, pois proporcionoulle ao núcleo do noso planeta uns elementos radiactivos, como o potasio, o torio e o uranio, os cales serían vitais para a formación do campo mágnetico que protexe a Terra de radiación.

Non obstante, estes elementos, que se enlazan co osíxeno para formar óxidos moi lixeiros, non combinan ben co ferro que integra a maior parte do núcleo do noso planeta.

Os investigadores de Oxford descubriron, sen embargo, que uns determinados compostos de azufre nos que non se encontra presente o osíxeno, favorecen a combinación entre o ferro e os elementos radiactivos. A cuestión é: Cómo chegaron ata o corazón do planeta?

Esto poido darse como consecuencia dun choque cun corpo celeste moi parecido a Mercurio na súa composición, rico en xofre e pobre en osíxeno.

Os expertos destacan que esta idea encaixa cunha hipótesis de que a Lúa se formara tras un cataclismo similar.

Fonte:http://www.muyinteresante.es/ciencia/articulo/la-tierra-primitiva-se-trago-un-objeto-parecido-a-mercurio-681429188742

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, A Terra e a Lúa, CCMC, Cousas interesantes, Xeoloxía. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta