A Progress M-27M: unha nave fóra de control.

 

O 29 de abril saíu un comunicado da NASA no que se anunciaba a perda do control da nave Progess M-27, un cargueiro de 7.290 kg, dos cales 2500 corresponden a carga para a ISS (osíxeno, víveres, instrumentos, agasallos das familias…). Os astronautas da estación, polo pronto, teñen reservas aínda para seguir aguantando varios meses, pero a perda da nave supón preto de 88 millóns de euros.

Sábese que a nave entrará na atmosfera entre os días 5 e 11 de maio, e parte dela queimarase na caída, pero unha parte, probablemente, fará impacto na Terra. Así e todo, os científicos non conseguiron especificar onde caerá, senón que só conseguiron limitar unha moi extensa área dentro da Terra, que exclúe os polos e parte dos extremos norte e sur do planeta (no mapa de a continuación pódese apreciar, na parte oscurecida).

Fonte: http://www.lavanguardia.com/vida/20150429/54430933986/nave-espacial-rusa-pierde-control-tierra.html

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta