Aumenta a vexetación na Terra

Pese ao que poidera parecer o planeta azul, cada vez é máis verde, según se desprende dun estudo internacional basado nos datos recolectados por satélites durante vinte anos. En primeiro lugar, a cuberta vexetal aumentou de forma natural en Australia, África e Sudamérica como resultado do aumento das chuvias. Os bosques tamén reconquistaron o territorio en Rusia e as antigas repúblicas soviéticas, esta vez debido ao abandono de terras de cultivo. E, por último, China ten máis verde grazas a unha política planificada de reforestación.

O novo informe, publicado en Nature Climate Change, básase no análisis das ondas de radio emitidas de forma natural pola Terra, que permiten deducir os cambios da biomasa. Antes valorábase o aumento ou disminución do territorio que ocupaba a cuberta forestal. Aparte do incremento da pluviosidade, outra razón que explica o sorprendente auxe das sabanas africanas, o bush australiano ou os bosques sudaméricanos e o aumento dos niveles de CO2 na atmosfera, que permiten perder menos agua ás plantas.

Fontes: muyinteresante.es

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta