Por qué unhas persoas aprenden máis rápido ca outras?

Un equipo de científicos da Universidade de California en Santa Barbara, da Universidade de Pennsylvania e da Universidade Johns Hopkins (EE.UU.) realizou un experimento coa meta de atopar a resposta a esta pregunta. Os seus resultados revelaron qué ocorre no noso cerebro durante o proceso de aprendizaxe.

Para iso, contaron cun equipo de voluntarios, que aprendían a xogar un sinxelo xogo de notas e cores, e expertos, que analizaban e medían as conexións nas distintas áreas do cerebro. Os voluntarios tiñan que reproducir as secuencias de notas a través duns botóns tan rápido como poideran en base a uns códigos que aparecían nunha pantalla.

As dúas, catro e seis semanas tras o estudio inicial realizáronse idénticas probas. Os escáneres cerebrais revelaron que as conexións neuronais e a actividade delas era moito maior nas personas que aprendían a maior velocidade.

-FONTE: Quo.

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.