Un equipo de astrónomos dirixido por Stephan Geier do Observatorio Europeo Austral (ESO) en Garching (Alemania) descubreu unha estrela que se move a unha velocidade sen igual: a uns 1.200 kilómetros por segundo, unha velocidade tan alta que rompeu o récord de velocidade na nosa galaxia.
Os investigadores captaron esta veloz estrela co telescopio Keck II de 10 metros ubicado en Hawái; combinando os datos deste telescopio cos do observatorio Pan-STARRS1, conseguiron trazar a compoñente tanxencial da velocidad da estrella, que se movía a unha velocidade moito máis alta da que se tiña conocido noutras estrellas observadas da Vía Láctea (a media son uns centos de kms por segundo).
O motivo desta súper-velocidade débese a que a estrela foi expulsada do seu sistema pola explosión dunha supernova termonuclear e, debido a que escapará da gravedade da galaxia e, por tanto, non orbitará aorededor dela, paseará polo espacio intergaláctico sen obstáculos.
•FONTE: Muy Interesante.