A memoria é susceptible a sufrir distorsións ou a experimentar falsos recordos. Esta situación soe darse con máis regularidade nas persoas que consomen habitualmente cannabis, según os resultados dunha investigación realizada no Instituto de Investigación Biomédica do Hospital San Pau de Barcelona. Os científicos descubriron que os consumidores de cannabis mostraban unha menor activación en áreas do cerebro asociadas ao procesamento dos recordos. Esta situación tamén afectaba a aquelas persoas que deixaran de consumir cannabis.
A investigación afirma que os consumidores de cannabis presentan unha maior vulnerabilidade a sufrir distorsións da memoria, incluso tempo despois de abandonar este hábito.
Fonte de información: revista Quo.