”Non lle chames mascota, é o meu bebé”

Varios experimentos levados a cabo por un equipo de científicos do departamento de Ciencia Animal e Biotecnoloxía da Universidade Azabu (Japón) demostraron que a hormona do amor, a oxitocina, é a que crea unha conexión tan forte cos animais como a que se crea a nivel biolóxico entre pais e fillos.

A oxitocina, esa sustancia química que actúa como neurotransmisor no cerebro, non só xera vínculos afectivos entre os seres humanos senón tamén entre outras especies, as nosas ”mascotas”. Para demostralo, os investigadores levaron a cabo varios experimentos con 30 cans (15 femias e 15 machos) de diferentes razas e idades, e os seus donos (24 mulles e 6 homes).

Nun deles, cans e donos foron conducidos a unha habitación dónde permaneceron durante 30 minutos, rexistrando mentras os científicos as súas interaccións. Os niveles de oxitocina de ambas especies aumentaron tra-lo contacto visual prolongado.

As conclusións do estudo son claras: humans e cans reforzan os seus vínculos biolóxicos nun circuito neuronal impulsado pola oxitocina, da mesma forma que se elabora entre individuos da mesma familia. É a forma de crear e reforzar este vínculo é sinxela e directa: unha simple mirada recíproca.

-Fonte: Quo.

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta