Qué é o Efecto Stroop ?

Coñécese así a un tipo de interferencia semántica que ten lugar como consecuencia da automaticidade na lectura. O que acontece é que o significado da palabra interfire na tarefa de nomear a cor da tinta na que está impresa dita palabra. Así, por exemplo, ante a palabra VERDE tendemos a dicir “verde” en lugar de “negro” que é a cor na que esta escrita.

A pesar de que a nosa atención é selectiva, é dicir, atendemos a aquelo que queremos, en ocasións sufrimos interferencias perceptuais como acontece no exemplo mencionado.

Cando a palabra é incompatible ca cor da tinta, a latencia de resposta é significativamente maior a cando a palabra é congruente ou neutra. Polo tanto, este efecto explícase pola incongruencia existente entre a cor na que está impresa a palabra e o significado da mesma.

Podedes comprobalo facendo vós mesmos a proba cas seguintes palabras:

Fonte de información : “Psicología de la atención”.García Sevilla, Julia. Síntesis, 1997

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta