A Progress M-27M(II): a fin do perigo

Como escribía nun artigo hai unha semana, un cargueiro ruso, a Progress M-27M (da NASA), estaba en caída libre cara á Terra, e podía caer en practicamente calquera parte.

Pois ben, este xoves día 8 de maio, finalmente chegou á súa fin a viaxe (e a existencia) do cargueiro espacial que nos tivo co corazón na man durante preto dunha semana: ás 5:04 da mañá (hora española), tiña lugar a desintegración da nave por mor da súa entrada na atmosfera, que se producía sobre o Pacífico, polo que os seus restos  non supuxeron ameaza ningunha para a poboación de ningún lugar.

Así remata a historia dun cargueiro que puido traer problemas máis graves dos que xa trouxo: a perda de provisións para os habitantes da ISS  e a perda de case 500.000.000 €.

Neste vídeo pódese ver parte da súa caída:

Fonte: http://www.lavozdegalicia.es/video/sociedad/2015/04/29/cayendo-carguero-ruso/00311430321472097817616.htm

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.