A sorpresa que agochaba o volcán de Yellowstone

120829151529-supervolcano-4-super-169

Fai 640.000 anos, o supervolcán do Parque Yellowstone (en Estados Unidos) entrou en erupción por última vez. Agora, os científicos que monitorizan continuamente a súa actividade para encontrar indicios que poidan alertar dunha próxima explosión, fixeron un descubrimento inesperado:

Os altos niveis de CO2 que emanan da zona eran demasiado elevados como para ser explicados coa existencia de tan só unha cámara magmática superior. E, efectivamente os investigadores acaban de descubrir un novo depósito de rocha quente (na súa maior parte fundida) situado entre 20 e 45 kilómetros por debaixo do supervolcán de Yellowstone, na parte inferior da corteza terrestre.

Según os expertos, esta nova reserva de magma é case cinco veces máis grande ca xa coñecida. “A rocha quente que conten enchería todo o volume do Gran Cañón de Yellowstone unhas once veces, mentras que na cámara de magma xa coñecida só o faría tres veces”, afirma Jamie Farrell, un dos artífices do descubrimento.

Vamos… Que Deus nos pille confesados como lle dé por estalar.

Fonte:http://www.quo.es/naturaleza/la-sorpresa-que-escondia-el-volcan-de-yellowstone

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC, Cousas interesantes, Xeoloxía. Garda o enlace permanente.