Oso pardo, en Galicia de novo

O oso pardo tende a habitar de novo Os Ancares lucenses.  A Súa presenza é máis frecuente en primaveira, aumenta cada ano e ademáis está ampliando a súa área de campeo en Galicia. Son as conclusións obtidas por Jorge Layna, o biólogo encargado do seguimento da especie na nosa comunidade entre 1999 e 2008.

Este incremento da presenza do oso pardo non implica necesariamente que hiberne en Galicia, onde non hai abundancia de rochedos, pero tampouco que estea aquí só de paso, afirma o biólogo. “Por dicilo dalgunha maneira é un nómada cunha área de campeo moi grande, que atopou nos bosques dos Ancares un hábitat idóneo”.

“É a primeira vez en 40 anos que se detecta a presenza dunha femia reproductora en Galicia e se trata dun bó síntoma da recuperación da especie, xa que as femias fixan a súa poboación nun territorio máis restrinxido que os machos”
Layna non descarta que puidera tratarse dunha das osas avistadas esta temporada na parte leonesa dos Ancares.

Fonte: lavozdegalicia.es

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta