Por qué os gatos caen de pé?

Un vello mito di que todos os gatos caen de pé, pero a que se debe?

Esta hablilidade aplicada a estos felinos non é máis que un acto reflexo que fai que estes caian sobre as catro patas. Esta capacidade chamada “reflexo de enderezamento” é innata en todos os gatos, e aparece ás tres ou catro semanas de vida, pero non se perfecciona ata os dous meses.

Para responder ao estimulo da caida, o esqueleto do gato desenvolveu certas características específicas: a espiña dorsal é extremadamente flexible e carecen de clavícula, polo cal teñen gran movilidade nas patas e poden xirar o corpo con facilidade.

Cando están a piques caer, coa axuda da sua gran visión ou co oído interno, determinan as orientacións; abaixo e arriba. Posteriormente cúrvase de xeito que o corpo rompa a simetría co eixe do chan e recolle as patas dianteiras e extende as traseiras, o que disminue a aceleración da parte frontal do corpo e aumenta a inercia da parte posterior. Este proceso repetiráse xunsto a continuación a inversa. Ás veces, os  gatos repiten o procedemento máis dunha vez ata alcanzar os 180 grados precisos.

 

Fonte: Ojo Curioso

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta