Un equipo de investigación da Escola de Psicoloxía da Universidade de Cardiff realizou un traballo de campo para comparar a productividade dunha oficina sen plantas a unha oficina verde. Tras dita experiencia comprobaron que as oficinas que contaban con plantas verdes facían que os traballadores se sentisen máis cómodos no seu entorno de traballo e que a concentración destes fose mellor. Grazas a esto os empregados son un 15% máis productivos que os das outras oficinas.
O motivo deste fenómeno, segundo os compoñentes do equipo, é que a presenza de plantas verdes fai que os traballadores estén física, cognitiva e emocionalmente máis involucrados no seu traballo. A causa deste efecto sobre os traballadores é que as plantas poden reducir o estrés, aumentar a capacidade de atención e mellorar o benestar xeral, o que desemboca nunha mellora da productividade.
Fonte: Muy interesante