Encontran un supercúmulo de estrelas

Un equipo de astrónomos da Universidade de Virginia en Charlottesville (EE.UU.) descubirion o que parece ser o primeiro cúmulo globular que se coñece. Os cúmulos globulares poden contar con ata un millón de estrelas antigas e son moi difíciles de encontrar polo que ata o de agora non se detectara ningún. O supercúmulo atópase a 5o millóns de anos luz, no interior de dúas galaxias en colisión coñecidas como Galaxias Antena. O que fai este descubrimento tan importante é que este supercúmulo encóntrase na súa fase orixinal, dando a oportunidade aos científicos de poder estudar as condicións necesarias para unha zona que posteriormente acabará repleta de estrelas.

Este descubimento foi posible grazas ao telescopio ALMA. Polo de agora xa se descubriu que para que nun lugar haxa moitas estrelas debe de haber altas presións.

Fonte: Revista Muy Interesante.

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta