Liberia, libre de ébola

5713754-3x2-700x467

O sábado 9 de maio Liberia foi declarado país libre de ébola pola Organización Mundial da Saúde (OMS), ao cumprirse 42 días dende que a última persoa infectada faleceu e non haber novos casos.

O virus orixinouse en decembro do 2013 nunha zona boscosa de Guinea, fronteiriza con Liberia e Sierra Leona, polo que rapidamente traspasou as porosas fronteiras e expandiuseentre os tres países, un contaxio que ata a data infectou a 26.298 persoas, das cales 10.892 faleceron.

En Liberia, o virus contaxiou a 10.322 cidadáns, dos cales 4.608 morreron, o que o convirte no país no que máis persoas faleceron, dentro dos tres máis afectados pola epidemia. A OMS recorda ao país que non se pode baixar a garda e que Sierra Leona e Guinea, os outros dous países máis afectados polo virus, seguen padecendo a enfermidade, agora en retroceso.

Fonte de información: La Voz de Galicia.

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta