Que é a megarexia?

Todo o mundo coñece perfectamente as desordes alimentarias tales como a anorexia ou a bulimia, pero existe outra igual de grave que apenas ninguén coñece: a megarexia. Esta enfermidade é a cara oposta da anorexia, pois as persoas que a padecen vense a sí mesmas sanas e delgadas cando en realidade padecen obesidade.

Botas1-300x248Estas persoas atópanse completamente satisfeitas co seu físico, pois consideran que o exceso de peso se relaciona coa forza e a vitalidade. Deste xeito, non seguen ningún tipo de dieta, non fan exercicio e non levan hábitos de vida saudables, incluíndo nas súas comidas comida basura e derivados. Este modo de vida lévaos a ter unha carencia de vitaminas ou minerais, e en ocasións pode producir no paciente anemia ou causar a morte. Este déficit de nutrientes provoca unha alteración na bioquímica do cerebro, ao igual ca na anorexia, de modo que os megaréxicos non son conscientes de que padecen a enfermidade.

Existen moitas outras enfermidades que poden derivar desta desorde alimentaria, tales como o síndrome metabólico, a diabetes, enfermidades cardiovasculares, apnea, gota ou cáncer.

Fonte de información: www.webconsultas.com

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta