Curiosidades científicas.

1. Cando o volcán de Krakatoa erupcionou en 1883, a forza que desatou foi tan colosal que puido escoitarse en Australia, a máis de 4800 km de distancia.

2. A pedra de granizo máis grande pesaba máis de 1 kg, e caeu en Bangladesh en 1986.

3. Os astronautas non poden erutar porque a ingravidez non permite a separación do líquido e do gas nos seus estómagos.

4. O primeiro cromosoma humano sintético foi creado en 1997 por científicos estadounidenses.

5. Christian Barnard practicou o primeiro trasplante de corazón en 1967. A operación, levada a cabo por un equipo de vinte ciruxáns baixo a dirección de Barnard, durou seis horas. Dezaoito días despois, na madrugada do 21 de diciembre, o pacente morreu dunha neumonía.

6. Incluso viaxando á velocidade da luz tardaríamos 2 millóns de anos en chegar á galaxia grande máis próxima, Andrómeda.

7. As pirámides de Exipto eran orixinariamente blancas gracias a un revestimento de pedra caliza pulida.

8. A luz do flash atravesa a pupila e rebota no fondo do ollo, nunha zona chamada coroides, que está saturada de vasos sanguíneos, e devolve o seu cor vermello á cámara.

9. Unha persoa pode morrer de risa (clínicamente, denomínase hilaridade fatal). O primeiro rexistro dun ataque semexante é do ano 398 a .C.

10. Cando un lóstrego cae na area, pode penetrar varios metros. O seu intenso calor (~4.000 °C) funde os grans e crea un tubo sólido de cristal coa forma do lóstrego. A este tubo chámaselle “fulgurita”.

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta