Hai lagos de Metano ?

O Titán, a maior das 62 luas coñecidas de Saturno, donde hai numerosos lagos e océanos. Ainda que é menos extensa que a Terra, garda semellanzas co noso planeta pola existencia de líquidos, vento e choiva, que crearon paisaxes que  nos resultan familiares.Baixo a súa espesa e nebulosa atmósfera de nitróxeno e metano, os astrónomos  descubriron montañas, dunas e lagos. En lugar de auga, metano líquido e metano fluen por canles similares a cauces de ríos hacia mares do tamaño dos Grandes Lagos norteamericanos. Pero tamén na Terra existen lagos de metano. En zonas frías do noso planeta hai lagos cuxa auga garda grandes cantidades de este gas en forma de miles de burbullas conxeladas que parecen perlas.O composto, mui inflamable, procede das bacterias metanóxenas que habitan en estos ambientes. Expulsanas ao descompoñer a materia orgánica que toman do fondo para obter nutrientes, nun proceso chamado metanoxénesis, o mesmo que utilizan os organismos que viven no tracto dixestivo dos rumiantes. Son microorganismos extremófilos do grupo das arqueobacterias, capaces de soportar condicións extremas de frío, oscuridade e falta de osíxeno. A diferenza da densidade obliga as ampollas de gas a subir hacia a superficie, pero como o lago está xeado, quedan atrapadas polo camiño. En primavera, as burbullas ascenden e son por fin expulsadas a atmósfera.

Fontes : Muy interesante

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta