O terremoto en Nepal puido modificar a superficie da Terra, e pode que agora o Monte Everest sexa un poco máis alto ou máis baixo. O equipo de expertos do Servicio Xeolóxico de Estados Unidos, que está traballando nesta investigación, necesita recuperar os datos dos días cercanos a catástrofe dunha estación de GPS cercana ao Everest para poder averigualo.
Kenneth Hudnut, un xeofísico que estuda os terremotos, e o seu equipo analizan a información satelital e sismolóxica do terremoto, que tivo unha magnitude de 7,8. Con estos datos poden entender mellor do que sucedeu e determinar a probabilidade de posibles terremotos nun futuro.
Os modelos preliminares, que terán que ser actualizados, ratifican que o Everest e os seus alrededores poderían sufrir desplazamentos duns cantos centímetros, tanto en horizontal coma verticalmente.
James Jackson, un xeólogo da Universidade de Cambridge, explica que “espera que o movemento vertical sexa inferior a 10 centímetros, e o horizontal o mesmo”.
-FONTE: CienciaExplora.