As imaxes tomadas pola Nasa e polos satélites Landsat do Servizo Xeolóxico dos Estados Unidos ensínannos cinco danos inflixidos pola actividade humana no noso planeta. O vídeo recolle o caso de deforestación de Rondonia, en Brasil, o uso desenfreado da auga do mar Aral, a escaseza de recursos naturais no estado de Wyoming, en Estados Unidos, debido ás industrias enerxéticas, o derretimento da barra de xeo Larsen a causa do cambio climático e como o crecemento da cidade de As Vegas provocou unha gravísima sequía na zona.
Fonte de información: actualidad.rt.com