Un ano máis, a Real Academia das Ciencias de Suecia (no caso dos Premios Nobel de Química e de Física) e o Instituto Karolinska (no caso do Premio Nobel de Mediciña) fan pública a lista dos gañadores deste prestixioso galardón internacional.
Os Premios Nobel lévanse entregando dende 1901 segundo se especifica no testamento de Alfred Nobel, como compensación polo dano causado polo seu maior invento: a dinamita. Grande foi a sorpresa de Alfred cando nun periódico francés confundiron a morte do seu irmán coa súa propia, e puido ler o seu obituario, que comezaba: “O mercader da morte morreu”.
Estes son os exelsos científicos premiados este ano 2015 (indicando o nome, porción do premio que corresponde a cada un e motivo polo que se lle otorgou):
Premio Nobel de Mediciña
“Polos seus descubrimentos concernintes a unha nova terapia contra infeccións causadas por parásitos nematodos [dividido entre Satoshi Omura e William C. Campbell], e polos seus descubrimentos concernintes a unha nova terapia contra a malaria [para Youyou Tu]”.
Premio Nobel de Química
“Polos estudos mecánicos da reparación do ADN”.
Premio Nobel de Física
“Polo descubrimento da oscilación dos neutrinos, o que mostra que os neutrinos teñen masa”.
Mais información sobre os galardonados:
- Shatosi Omura
- William C. Campbell
- Youyouy Tu
- Tomas Lindahl
- Paul Modrich
- Aziz Sancar
- Takaaki Kajita
- Arthur B. McDonal
Fontes: