É verdade que os mamuts extinguíronse por non seguir unha dieta equilibrada?

 

O profesor ruso Sergey Leschinskiy da Universidade Estatal de Tomsk afirma que a falta de minerais na dieta e os cambios ambientais precipitaron o ocaso da especie. Chegou a conclusión de que a finais do Pleistoceno os mamuts do noreste de Eurasia experimentaban a falta de minerais na dieta. Pero tamén son consecuencia os cambios no microclimas e na presión. Ainda que existe outra hipótese, menos coñecida, que fai referencia as enfermidades infecciosas ou caídas de corpos celestes, porén, non se prestou atención a posibles cambios xeoquímicos no medio ambiente. Nesta liña, Sergey Leschinskiy sosteu que nos restos dos últimos mamuts é frecuente atopar signos de enfermidades nos ósos como osteoporosis, osteofibrosis, artrosis ou osteomalacia. Isto tradúcese en grandes traumatismos para os animais afectados, que padecen torceduras e fracturas. Os mamuts cas extremidades ou ca columna vertebral fracturadas non podían coller comida suficiente ou non podían seguir a manada. Polo tanto, morrían pronto a mans dos depredadores. Como resultado, a natureza fíxose máis forte e os mamuts extinguíronse.

Fonte de información: http://www.abc.es/ciencia/abci-mamut-extinguieron-no-tener-dieta-equilibrada-201510281416_noticia.html

Universidad Estatal de Tomsk (Siberia, Rusia)

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta