Unha nebulosa captada desde Ibiza

A NASA premiou hoxe coa súa distinción Atronomy Picture of the Day  á fotografía que captou o celescopio situado en Ibiza

Trátase dunha imaxe da nebulosa situada na constelación de Perseo, a uns 766 anos luz de distancia, dentro da Vía Láctea. Predominan as tonalidades azuladas características da luz das estrelas reflectida no po interestelar. Atópase ao límite dunha gran nube molecular onde se forman estrelas. A rechamante imaxe mostra detalles da rexión chea de po xunto con pequenos toques de vermello procedentes de obxectos e gases brillantes que emanan de estrelas que se formaron recentemente. Dita nebulosa contén centos de estrelas que teñen menos dun millón de anos, a maior parte delas ocultas tras o po, polo que non se poden ver con telescopios ópticos. É posible que o Sol se formase fai 4.500 millóns de anos nunha contorna similar a este.

Fonte de información:

http://www.elmundo.es/ciencia/2015/11/05/563b457246163f1d7e8b45a3.html

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.