As 3 drogas rueiras máis mortíferas

drogas4

A primeira é Krokodil (ou droga caníbal), é amplamente consumida nas zonas máis pobres de Rusia, xa que custa un terzo do prezo da heroína, o que a fai moi atractiva para os adictos con poucos recursos. O seu nome e os seus múltiples alcumes non son aleatorios: a droga provoca gangrena, flebitis, putrefacción da pel desde dentro cara a fóra, deixando os ósos ao descuberto nos peores casos; moitas veces conduce á amputación de dedos ou extremidades completas.

Outra droga moi mortal é o Crack, unha forma de cocaína que “coloca” dunha forma moi rápida e intensa; considérase unha das drogas máis adictivas e tamén das máis perigosas. Esta droga fúmase en pipa e produce unha rápida e intensa sensación de enerxía. Tras este “subidón”, o efecto desaparece e sobrevén un estado depresivo-nervioso que induce a unha nova dose.

Finalmente, outra droga de exceso perigo é a Escopolamina, burundanga ou “droga zombie” é unha droga moi tóxica: unha sobredose pode causar depresión, taquicardia, convulsións, delirios, parálisis, insuficiencia respiratoria e a morte. Coñécese tamén como “droga do violador” porque se trata dunha droga de submisión que anula a vontade das vítimas, que poden descoñecer o que están a tomar, convertendoas en pouco menos que en maniquíes humanos ou zombies sen vontade. O afectado ou afectada, perde a memoria dese período de tempo tras desaparecer os efectos que poden durar unhas dúas horas.

Fonte de información: http://www.muyinteresante.es/salud/fotos/las-10-drogas-callejeras-mas-mortiferas/krokodil

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato. Garda o enlace permanente.