Tipos de personalidade según Freud

Freud non inventou exactamente o concepto de mente consciente versus mente inconsciente, pero desde logo fíxoo popular. A mente consciente é todo aquilo do que nos damos conta nun momento particular: as percepcións presentes, memorias, pensamentos, fantasías e sentimentos. Cando traballamos moi centrados nestes apartados é o que Freud chamou preconsciente, algo que hoxe chamariamos “memoria dispoñible”: refírese a todo aquilo que somos capaces de lembrar; aqueles recordos que non están dispoñibles no momento, pero que somos capaces de traer á cosnciencia. Actualmente, ninguén ten problemas con estas dúas capas da mente, aínda que Freud suxeriu que as mesmas constituían só pequenas partes da mesma.

A parte máis grande estaba formada polo inconsciente e incluía todas aquelas cousas que non son accesibles á nosa consciencia, incluíndo moitas que se orixinaron alí, tales como os nosos impulsos ou instintos, así como outras que non podiamos tolerar na nosa mente consciente, tales como as emocións asociadas aos traumas.

De acordo con Freud, o inconsciente é a fonte das nosas motivacións, xa sexan simples desexos de comida ou sexo, compulsiones neuróticas ou os motivos dun artista ou científico. Ademais, temos unha tendencia para negar ou resistir estas motivacións da súa percepción consciente, de maneira que só son observables de forma disfrazada. freudspsycheesp 

información proporcionada por: http://www.psicologia-online.com/ebooks/personalidad/freud.htm

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta