Un equipo internacional de científicos observaron que o cometa Lovejoy libera constantemente ao espacio grandes cantidades de azucre e alcohol. O autor principal deste estudio, Nicolas Biver, comentou que durante a súa actividade, o Lovejoy pode expulsar unha cantidade de alcohol equivalente a 500 botellas de viño por segundo. Esta é a primeira vez que se atopa etanol (substancia que usamos para fabricar bebidas alcohólicas) e unha forma simple de azucre chamada glicoaldehído nun cometa.
Ao atopárense estas moléculas no cometa e comprobárense que este non cambiou dende que se orixinou (máis ou menos cando o fixo o Sol), respalda a teoría de que o máis probable foi que un cometa como este, impactase contra a Terra e así se formaran as primeiras moléculas ancestráis a partir das cales xurdiu a vida.
Fontes:
-National Geographic (España): http://www.nationalgeographic.com.es/articulo/ng_magazine/actualidad/10832/lovejoy_cometa_repleto_azucar_alcohol.html
.-Imaxe de Google