Un obxeto espacial caerá na Terra

Un anaco de lixo espacial, recentemente descuberto (denominado «WT1190F»), caerá no Oceáno Índico este venres 13 de novembro. É unha peza perdida dos refugallos espaciais  en órbita máis aló da Lúa, que estaba sen identificar antes de visto por un telescopio en outubro. A Axencia Espacial Europea (Holanda) fixo unha campaña para seguir a peza cando se mergulle na atmosfera da Terra. Como xa se informou, o evento ofrece unha oportunidade científica pero tamén poñerá a proba os plans que os astrónomos puxeron en marcha para a coordinación cando un obxecto espacial perigoso aparezca.

WT1190F foi detectado por un programa destinado a descubrir asteroides e cometas que se moven preto da Terra. Rapidamente calcularon a súa traxectoria, despois de recoller máis observacións. Os cálculos de Gray mostran que chegará á Terra ás 7:20 horas (hora española), ainda que gran parte queimarase na atmosfera. O obxecto ten 1 ou 2 metros de tamaño, e a traxectoria mostrao de baixa densidade. Algún astrofísico di que se trata dun obxecto artificial perdido que regresou.Fonte de información: http://www.abc.es/ciencia/abci-deshecho-espacial-caera-tierra-proximo-viernes-201511111044_noticia.html

 

 

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta