A colisión da Vía Láctea e a galaxia de Andrómeda

As galaxias móvense a inmensas velocidades. Por exemplo, a Galaxia de Andrómeda (a maior galaxia do Grupo Local) diríxese cara a Vía Láctea a unha velocidade de 110 km/s. Isto implica que dentro de 4.000 millóns de anos, a Vía Láctea e Andrómeda colisionarán, dando lugar a unha nova galaxia: Lactómeda (alcumada “Milkomeda” en inglés).

O certo é que a colisión de galaxias é un fenómeno moi habitual no cosmos: é moi probable que Andrómeda xa teña chocado con outra galaxia no seu pasado, e a Vía Láctea está colisionando actualmente con varias galaxias ananas. É posible que a Galaxia do Triángulo (a terceira galaxia de maior tamaño do Grupo Local) colisione coa Vía Láctea e con Andrómeda antes ou despóis da fusión destas dúas últimas.

A galaxia do Triángulo (NGC 598).

Pero todas estas colisións non deberían preocuparnos demasiado: se cada estrela tivese o tamaño dunha pelota de ping-pong, a distancia á que se atoparían sería de máis de tres quilómetros.Téñense calculadas diversas estadísitas sobre o tema, que conclúen que:

  • O Sol ten un 50% de posibilidades de quedar tres veces máis afastado do núcleo galáctico do que está actualmente.
  • Hai un 12% de posibilidades de que o Sistema Solar sexa catapultado fora da galaxia, sen condicións negativas para os planetas.

Pero todo isto non debería preocuparnos tampouco demasiado, porque dento de 4.ooo millóns de anos a temperatura na superficie da Terra será demasiado alta para que poida existir auga líquida. Polo tanto, o ser humano xa se debería de ter trasladado a outros sistemas estelares.

En canto ao núcleo de Milkómeda, é moi probable que a interacción dos buratos negros Saxitario A* e P2 provoque a emisión de moita radiación, dando lugar a un cuásar.

Déixovos cun vídeo sobre a colisión da Vía Láctea e a Galaxia de Andrómeda:


Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.