Florece o deserto de Atacama

O deserto de Atacama, en Chile, conta co récord de días sen chuvias máis alto do planeta, estes fan un total de 173 meses sen unha pingueira de auga. Pero este ano, debido a diferentes fenómenos climáticos, o deserto recibiu un boom de chuvias concentradas nun só día, que fan un total de 157,3 milímetros. Esta cifra aparentemente non é alta, pero para este deserto equivale á chuvia que pode caer en 14 anos. Ante este suceso o ecosistema desértico reaccionou absorvendo ata a última gota de auga, procando así unha megafloración na que distintas especies brotaron deixando o deserto cuberto de tons malvas, vermellos, brancos e amarelos.

Fontes:

-Información: National Geographic

-Imaxe: Google

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC, Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta