O brillante halo dunha estrela zombie

Un equipo internacional de astrónomos estudou, por primeira vez , os restos da fatal interacción entre unha estrela morta e a súa ‘cea’ composta por asteroides.

Utilizando o Very Large Telescope, no observatorio Paranal (Chile), o equipo obtivo observacións detalladas da luz procedente da anana branca e do material que a rodeaba durante doce anos, entre 2003 e 2015.

Mentres que as estrelas grandes sofren un clímax espectacularmente violento ao estalar como supernovas ao final das súas vidas, as  máis pequenas, como a analizada, afórranse destinos tan dramáticos. Cando corpos como o Sol chegan ao final das súas vidas tras esgotar o seu combustible, expándense como xigantes vermellas e, posteriormente, expulsan as súas capas exteriores ao espazo. Todo o que queda é o núcleo denso e quente da antiga estrela, unha anana branca como a estudada neste caso.

É raro que unha anana branca estea rodeada por un disco de material gaseoso que a orbite. Tras estudala, o equipo chegou á conclusión de que un asteroide desviouse, achegándose perigosamente á estrela morta e, debido ás potentes forzas de marea, acabou esnaquizado e formando o disco de material que se observa agora.

Fonte de información:

http://www.agenciasinc.es/Multimedia/Fotografias/El-brillante-halo-de-una-estrella-zombi

 

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato, CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta