Qué son os buracos brancos?

agujero-blanco_0

Os buracos brancos poderían definirse como o oposto aos buracos negros: mentres que estes son auténticos tragóns que non deixan escapar nada (nin sequera a luz), os buracos brancos serían unha colosal erupción de materia e enerxía. Trátase dun fenómeno hipotético, non observado, pero que pode deducirse da teoría da relatividade xeral de Einstein.

A orixe destes fogonazos cósmicos sería, do mesmo xeito que ocorre cos buracos negros, unha singularidade, é dicir, un punto onde o campo gravitatorio é infinito. No improbable caso de que unha nave se achegase a un, os seus ocupantes non vivirían para contalo. E se, sigamos imaxinando, o vehículo estivese totalmente blindado fronte á emisión de radiacións, os astronautas experimentarían unha progresiva desaceleración, coma se tentasen ascender por unha montaña empinada ata quedar conxelados no espazo-tempo.

Entre os candidatos a buracos brancos atópanse os estalidos de raios gamma e, incluso, o propio big bang, que deu lugar ao universo, se podería considerar un buraco branco.

Fonte de información: http://www.muyinteresante.es/ciencia/preguntas-respuestas/que-son-los-agujeros-blancos-751447841205

Esta entrada foi publicada en 1º bacharelato. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta