Descobren a supernova máis brillante de toda a Historia

Un equipo internacional de astrónomos da Universidade Estatal de Ohio, acaban de facer público en Science un achado excepcional: a maior supernova observada en toda a historia, 200 veces máis poderosa que unha supernova «normal». Trátase dunha inmensa bóla de lume e gas que está a liberar unha enerxía equivalente á de varios centos de miles de millóns de soles. E no corazón mesmo desa esfera ardente e en expansión, dorme un núcleo de gran densidade e non máis de 10 quilómetros de diámetro, sobre cuxa natureza os investigadores non terminan de poñerse de acordo.

Os astrónomos pensan que o obxecto central da supernova podería ser un magnetar, un cadáver estelar formado por unha rara variedade de estrela de neutróns, incriblemente densa, cun potente campo magnético e que vira sobre si mesma a gran velocidade emitindo potentes pulsos de raios X e Gamma. Pero nunca ata o momento se viu un magnetar tan sumamente poderoso. Tanto, que vai mesmo máis aló dos límites establecidos pola Física. O estalido da supernova produciuse o pasado 14 de xuño e foi inmediatamente detectado por observatorios de todo o mundo.

http://www.abc.es/ciencia/abci-descubren-supernova-mas-brillante-toda-historia-201601141958_noticia.html

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta