Fracasa o rescate da primeira nave que pisou un cometa

Durante 10 anos, esta nave viaxou a bordo de Rosetta, o buque insignia da misión liderada pola Axencia Espacial Europea. Chegou ao seu destino no outono de 2014. Mentres Rosetta quedou orbitando a superficie do cometa, onde descubriu unha paisaxe alucinante de cantiis, desertos e cráteres que nunca se viron tan de preto, Philae fixo o traballo máis duro: descender ata a superficie dun amasillo de xeo e po que suca o espazo a uns 20 quilómetros por segundo. Foi a primeira nave humana que conseguiu facer algo así e este fito tecnolóxico chegou á Terra en forma de datos, os primeiros conseguidos a niveis de chan nun cometa. Antes de terminar algo saíu mal e a sonda apagouse. Desde este verán non volveu a dar sinais de vida.

Os responsables de Philae tentaron resucitala á desesperada. O plan era enviar un comando por radio para activar a súa roda de estabilización e darlle unha sacudida á nave. Isto permitiría despexar o po dos seus paneis solares e gañar uns minutos máis de vida.

“Desafortunadamente os intentos para restablecer o contacto con Philae non surtiron efecto”, explica Stephan Ulamec, xefe do proxecto na Axencia Espacial Alemá.

http://elpais.com/elpais/2016/01/12/ciencia/1452623213_757154.html

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta