Os osos atrasan a hibernación polas altas temperaturas

As altas temperaturas que se están rexistrando nesta época no Pirineo catalán provocaron que os diferentes exemplares de oso que viven na zona atrasasen a súa entrada en fase de hibernación, e víuselles buscando comida en pleno mes de xaneiro, cousa moi inusual.

Segundo explicou o Departamento de Territorio e Sustentabilidade, en concreto puidéronse gravar estes días imaxes dunha femia con tres cachorros nados en 2015.

Nesta época do ano toda a familia tería que atoparse invernando dentro dunha cova, na contorna do Parque Natural do Alt Pirineu, pero seguramente as boas temperaturas e a pouca cantidade de neve caída fixeron que atrasase a hibernación. Nos vídeos obsérvase como os catro osos que conforman esa familia removen o chan buscando as últimas landras dispoñibles.

Como a hibernación dos osos non é total,é posible que a empezaran pero que, debido a unhas condicións meteorolóxicas favorables á dispoñibilidade de alimento, espertáronse e saído para comer e andar. Con todo, prevese que cando empecen as nevadas definitivas volverán retomar a hibernación.

http://www.rtve.es/noticias/20160113/osos-del-pirineo-catalan-retrasan-su-hibernacion-altas-temperaturas/1283980.shtml

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta