Que é un cuásar?

Cara 1950, os astrónomos comezaron a detectar misteriosas emisións de radiación no espazo que aparentemente non se correspondían con ningún corpo celeste. O termo inglés “quasar” foi acuñado quince anos despois, amalgama de “quasi-stellar radio sources”.

Recreación artística dun cuásar.

Durante moito tempo, a orixe das emisións enerxéticas dos cuásars era completamente descoñecido, pero hoxe en día os científicos creen que as potentísimas emisións dun cuásar se orixinan no centro de galaxias activas cun buraco negro supermasivo central. Ao precipitarse a materia do disco de acreción no buraco negro, provocaríanse as emisións enerxéticas que dan lugar ao cuásar. A localización dos cuásars dentro dunha galaxia é un descubrimento recente, xa que a enerxía emitida polo cuásar solapa as emisións da propia galaxia, moito menores.

Recreación artística dun cuásar.

Unha curiosidade sobre os cuásars é que se utilizan como marcas de referencia á hora de trazar mapas do espazo, de xeito semellante a como antigamente se utilizaban as estrelas. Esta utilidade dos cuásars débese á gran distancia á que se atopan de nós, o que fai que non varíe a súa posición no ceo. O Sistema Internacional de Referencia Celeste baséase principalmente en cuásars.

Fontes:

https://en.wikipedia.org/wiki/Quasar 

https://es.wikipedia.org/wiki/Cu%C3%A1sar

http://www.space.com/17262-quasar-definition.html

 

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta