Star Wars VII: Ciencia ou ficción? A enerxía escura

O 18 de decembro do ano pasado estreouse o filme Star Wars: The Force Awakens, no que os antagonistas principais (a Primeira Orde) constrúen unha superarma de tamaño planetario capaz de destruír sistemas solares enteiros absorbendo a enerxía dun sol e emitíndoa logo en forma de raio destructor: o nome, como non, é o de Base Starkiller. Cal foi a miña decepción ao descubrir que os guionistas poñían como fonte de enerxía da superarma a enerxía escura.

A enerxía escura é un concepto teórico do que existen numerosas probas indirectas. A máis importante son as precisas medicións do afastamento das estrelas, galaxias e especialmente das supernovas, que suxiren que o Universo se está expandir cada vez máis rápido.

A enerxía oscura representa o 68,3% da enerxía total do Universo, mentres que a materia escura representa o 26,8% e a materia bariónica o 4,9%. A distribución da enerxía escura no Universo é asombrosamente constante, polo que a teoría máis aceptada sobre a súa orixe afirma que se trata dunha enerxía homoxénea relacionada intrínsecamente co baleiro espacial. A propia Teoría da Relatividade Xeral predí que esta clase de enerxía tería un efecto gravitatorio, que se manifestaría neste caso na aceleración da expansión do Universo.

En resumo, o novo episodio de Star Wars afástase moito da realidade ao pensar que a enerxía escura se pode absorber dunha estrela.

Fontes: https://en.wikipedia.org/wiki/Dark_energy

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta