A primeira flor espacial axudará a vivir en Marte

O comandante  Scott Kelly presentou dende a ISS , a primeira flor cultivada no espacio  o pasado 16 de xaneiro. Trátase dunha Zinnia de cor laranxa que creceu no espacio  como parte do proxecto “Veggie”  no que se cultivaron  varias plantas para ver como crecían  en microgravidade.O primeiro cultivo no espazo foi unha leituga,  aínda que tivo  moitos problemas. A segunda plantación desta leituga non presentou tantos problemas  e puido ser comida pola tripulación. O seguinte cultivo foi a flor Zinnia de cor laranxa, este experimento empezou  o 16 de novembro do 2015.

Dende a NASA , queren que os astronautas se convirtan en  xardiñeiros autónomos  co fin de que sexan capaces de cultivar a súa propia comida  nun futuro viaxe a Marte .

Fonte:  http://www.elmundo.es/ciencia/2016/01/20/569f547b46163fd0258b4641.html

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta